Un foro promove a diversificación financeira de proxectos culturais

A cita, que terá lugar en febreiro, denomínase Encontro internacional de economía e cultura

Economía e cultura non son realidades diferentes senón que son sectores que deberán unir as súas prácticas no futuro próximo. Hai exemplos moi claros desta realidade en diferentes partes do mundo, pero tamén en Galicia, onde unha empresa de maquinaria (Genesal) está a reformular a súa dinámica empresarial e a política de internacionalización a través do deseño. Esta e outras experiencias son as que se reflexarán nun encontro que se desenvolverá na Cidade da Cultura. Terá lugar os días 16 e 17 de febrero baixo o título de “Encontro internacional de economía e cultura” e busca difundir entre os axentes culturais un catálogo de boas prácticas para promover a diversificación do financiamento dos seus proxectos.

Dosier foro "Economía e cultura".