O Centro Dramático Galego estrea a súa primeira coprodución con Cataluña

Ganas de ouvear pode verse en Compostela ata o día 29 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Textos poéticos de Alfonso Pexegueiro e Narcís Comadira en galego e catalán son a base de Ganas de ouvear (Ganes D’udolar). O Salón Teatro de Compostela acolle esta noite a estrea da súa primeira coprodución co Teatre Nacional de Catalunya e a compañía Catrocadeiras.

Cartaz promocional de Ganas de ouvear
Cartaz de ganas de ouvear
Dani Salgado dirixe un proxecto que protagoniza el mesmo, canda a Joan Giralt, ambos os dous profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. O argumento xira precisamente arredor do xeito no que estes dous directores se confrontan "coa súa función como docentes e coa maneira na que contemplan tanto a poesía como a arte do teatro".

A obra, que xa se puido ver en Barcelona, estréase hoxe ás 20:30 e fica en Compostela ata o vindeiro domingo.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Cataluña, Teatro, Alfonso Pexegueiro...