A Biblioteca e mais a Casa da Cultura de Monforte de Lemos recibirán este sábado o nome do poeta Lois Pereiro. O acto de homenaxe supón o comezo dos eventos do Ano Lois Pereiro co que o concello quere recoñecer este autor. A actividade contará coa presenza, entre outros, de autores como RosalÃa Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago MartÃnez e Mercedes Queixas e contará con ambientación musical. O Concello anunciou a súa intención de continuar ao longo do ano con outras actividades para lembrar o poeta.