Novedades Carminha opta ao álbum do ano nos Premios da Música Independente

Ábrese o prazo para a votación popular dos galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A banda Novedades Carminha aspira a un galardón dentro dos VIII Premios da Música Independente (Premios MIN), na categoría de álbum do ano polo seu último traballo Juventud infinita. O grupo compostelán compite polo galardón con El Columpio Asesino, Vetusta Morla, Nacho Vegas e Neuman.

O xurado profesional, composto por máis de 60 xornalistas e expertos do sector, elixíu aos cinco finalistas por categoría e ata o 26 de abril será o público o que decida aos gañadores das categorías principais dos Premios MIN. As votacións faranse a través da páxina web dos premios e o 11 de maio coñeceranse os gañadores a través dunha cerimonia en Madrid.

Os Premios MIN tamén recoñecen o traballo dos distintos álbumes publicados ao longo do ano en galego, unha categoría á que optan cinco finalistas: Guadi Galego, co seu traballo Lúas de outubro e agosto; Sub Rosa, con Vagalú; Terbutalina, coa Morte; Why Go, con Kara; e Xoán Curiel, con Estamos non verán.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Novedades Carminha, Xoán Curiel, Guadi Galego, Morte...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares