A Semana Galega de Filosofía abriu hoxe as súas portas en Pontevedra cun tema de gran debate nos medios de comunicación: a sexualidade dentro da cultura humana. A Semana está dividida en tres grandes módulos. Pola mañá son as reflexións filosóficas sobre a sexualidade, a cargo do profesor Efigenio Amezúa, editor da REvista Española de Sexoloxía, ou José Antonio Nieto Piñeroba e Belén Castellanos. Pola tarde, achégase o tema "A sexualidade vista desde Galicia", prestando atención á cultura tradicional sobre o sexo e a movementos actuais. Pola noite as sesións teñen un perfil máis diviulgativo, e estarán finalizadas por Román Gubern, historiador dos medios de comunicación.
A Semana Galega da Filosofía examina as relacións entre sexo e cultura
Celébrase en Pontevedra entre o 6 e o 10 de abril
23 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
1 lugar identificados
