A Central Folque reivindica a historia de Amadeo Goyanes

Un libro disco recolle o traballo deste pioneiro da recuperación da zanfona

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A Central Folque reivindica a historia de Amadeo Goyanes

Pablo Quintana é o autor da investigación que recolle a historia de Amadeo Goyanes, ferroviario e un dos pioneiros na recuperación da zanfona no noso país. A Central Folque acaba de publicar este traballo na forma do libro-CD Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de monforte. Canda a un repaso pola vida e obra deste músico, que creou a primeira escolanía de zanfonas do país, a obra inclúe partituras e edítase acompañada dun CD no que se poden escoitar pezas inéditas de Goyanes.

Ademais, o álbum recolle temas deste músico e pezas orixinais creadas pola Aula de Zanfona da Escola Folque interpretados por zanfonistas actuais como Oscar Fernández, Gutier Alvarez, Pablo Bernárdez Mato, Paz Pazita, Jaime Rebollo, Cesar Loureiro Sobral, Uxía Vázquez Álvarez, Martiño Cabarcos, Manuel Rey Romero e Ariel Ninas.

O traballo ve a luz coa colaboración da Deputación de Lugo e mais do Concello de Monforte.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O pioneiro dos contos

O pioneiro dos contos

Un libro-disco e un espectáculo recuperan o traballo do célebre humorista Joselín

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Monforte, Deputación de Lugo