Abastos, un volume no que se mesturan historias de carácter social coa praza de abastos de Compostela como eixe, é a carta de presentación da nova editora galega de banda deseñada 3 Pintamonas. O volume, de 180 páxinas a cor, sae á venda en edicións en papel e dixital e en castelán en galego e conta con debuxos de Pedro J. Colombo, Beatriz Iglesias, Víctor Rivas e Sagar Fornies. Para alén da historia, inclúe unha introdución de Miguelanxo Prado e unha serie de receitas da man do establecemento Abastos 2.0.
Pola súa banda, Demo Editorial acaba de tirar á luz Destino Hërgüss a novela gráfica de Manel Cráneo, que chegará ás tendas en abril. Canda a isto, Demo Editorial anuncia a publicación de A deserción de Stalin, primeiro traballo de Tomás Guerrero, que achega unha particular historia de espías na guerra fría.
A pasada fin de semana o equipo do fanzine Altar Mutante presentaba na Coruña a segunda entrega da publicación cunha festa-concerto. O proxecto conta con colaboracións como as de Kike Benlloch, Santy Gutiérrez, Manel Cráneo, Luís Sendón, Álvaro López ou Aurelia Navarro e mantén a súa liña de "horror putrefacto e ciencia ficción graxenta". En total son 56 páxinas en branco e negro que saen á venda por 4,5 euros.
Primeiro capítulo de Abastos.Pola súa banda, Demo Editorial acaba de tirar á luz Destino Hërgüss a novela gráfica de Manel Cráneo, que chegará ás tendas en abril. Canda a isto, Demo Editorial anuncia a publicación de A deserción de Stalin, primeiro traballo de Tomás Guerrero, que achega unha particular historia de espías na guerra fría.