Abastos 2.0, premio ao mellor "modelo de negocio" 2011 en Madrid Fusión

Trátase dun pequeno establecemento de restauración na Praza de Abastos de Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Gastronomía
Compartir:

Madrid Fusión un dos eventos gastronómicos máis importantes do mundo e celebrouse estes días en Madrid. Onte premiou a unha diminuta taberna ubicada na Praza de Abastos de Santiago de Compostela como mellor "modelo de negocio". O Abastos 2.0, nacido hai pouco máis dun ano, defínese a si mesmo como unha "barra efémera". O seu compromiso coa cociña de mercado e a Praza de Abastos lévaos ao punto de carecer de neveira e facer a compra diaria no local, e ofrecer unha gastronomía galega innovadora, moi conectada coa tradición hosteleira compostelana. O que distingue a Abastos, ademáis, é o intenso uso das novas tecnoloxías para comunicarse cos seus clientes, a través do seu blog, Twitter e Facebook, en lingua galega.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Twitter, Facebook, Lingua galega...