Ultramarinos de Lucas abre o trimestre de actuacións na sala Galán

Galan por tres meses

Teatro, danza e un obradoiro impartido polo coreógrafo Francesc Bravo conforman a programacion da sala Galán para o presente trimestre. O pistoletazo de saída corre a cargo de Ultramarinos de Lucas presentando unha versión da clásica "Esperando a Godot" de Sammuel Becket.

Variada oferta


Dous espectáculos de teatro, dous de danza e un curso forman o cartel para este trimestre. Un cartel que inaugurará a remodelada Sala Galán unha versión de "Esperando a Godot" de Samuel Becket; dirixida por Jonathan Young e Juan López Berzal e coproducido pola Junta de Castilla-La Mancha. A programación da Sala Galán concluirá os días 13 e 14 de decembro cunha proposta de Teatro para escoitar, cartas de amor protagonizadas polas palabras.


Kubilaï Khan Investigations



Kubilaï Khan é un colectivo de Toulon, que está formado por intépretes de diferentes países e disciplinas, agrupados pola figura Franck Micheletti. Director que virá a Santiago co seu espectáculo S.O.Y, unha obra que representou, con éxito, a Francia no Transdance Europe. Este evento formará parte da Semana Cultural de Agignon-Francia organizada pola Consellería de Cultura e o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).


Remodelada Sala Galán



A sala Galán, é un das dúas salas de teatro independente existentes en Galicia. Sitas en Compostela, forman parte do circuito de salas independentes do estado. A súa programación inclúe desde actuacións teatrais de vangarda ata espectáculos musicais e humorísticos.
A sala Galán presenta hoxe cara nova logo de acometer obras de ampliación de oficinas e do seu almacén.