Amosar, en formato cinema, obras mestras da animación de todos os tempos e promover a produción galega neste eido. Estes son os eixes básicos cos que nace Cambretoon, o festival de animación que se celebra por vez primeira entre os vindeiros 19 e 21 de marzo. Co lema Do pincel ao pixel, a cita presta unha especial atención a difundir proxectos pioneiros da animación e facelo en formato película de cinema. Así, nesta primeira xeira poderán verse clásicos como Gertie, the Dinosaur, de Windsor McKay, Fantasmagorie de Émile Cohl ou algunhas das primeiras animacións de Walt Disney, como Alice in the Jungle ou Hell´s Bells.
O programa do evento ten tamén unha sección específica e non competitiva para proxectos galegos, que nesta ocasión inclúe proxectos como Minotauromaquia ou Sangre de unicornio. Unha homenaxe ao dobrador Jorge Arvizu, o ciclo para conmemorar os cen anos do Technicolor e mais a sesión de clausura dedicada a filmes de animación que sufriron a censura completan as proxeccións.
En paralelo, haberá unha clase maxistral impartida por Ángel de la Cruz, cineasta que recibirá tamén un premio do concello en recoñecemento á súa carreira.