
A publicación que Diboos acaba de dar a coñecer destaca dos traballos galegos, Engurras, que obtivo o Goya a mellor longametraxes de animacion e o de mellor guión adaptado; a longa O lince perdido(2008) que contribuiu á innovacion tecnolóxica no campo da animación e como A Dama e a Morte a primeira curta española en formato 3D estereoscópico. Tamén cita outros proxectos como A tropa de trapo no paÃs onde sempre brilla o sol que foi a primeira longametraxe en 3D estereoscópica para un público de 3 a 7 anos, ou O soldadiño de chumbo.
O informe, alén de facer unha análise das debilidade e fortalezas do sector, destaca o potencial que ten a animación para libros interactivos, mundos virtuais, videoxogos educativos e, o que ten unha maior progresión, aplicacións para móbiles e tablets