Logo de dezaseis anos o grupo Forraje, nado na Pobra do Caramiñal, bota o fecho á súa carreira. E faino co lanzamento do seu primeiro disco ao vivo e quinto da traxectoria, da man de Warner e en formato CD+DVD. Quince duchas de agua helada recolle o concerto que a banda ofertou na madrileña Sala Caracol o pasado mes de novembro e supón un perocrrido polos seus grandes éxitos. A Horcajadas, Arrebato, Cuanta gotera, Dueña De Mis Resacas e, como non Forraje, ata un total de 17 temas amosan o bo facer da banda no rock con colaboracións como as de Daniel Marco, Fernando Madina ou Kutxi Romero. A xira de presentación, xa en marcha, recalará en Galicia o vindeiro 20 de marzo na Pousada das Ánimas de Boiro.