A Xunta actualiza o Catálogo de Árbores Senlleiras

Ao tempo, modifica o procedemento de declaración para o "axilizar"

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia do pasado venres publicaba o decreto polo que a Xunta actualizou o Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. A listaxe achega moitas incorporacións novas, que xa se realizaran en 2011 pero que non se incorporaran aínda aos anexos do decreto. Ademais, e segundo adiantara a Xunta, modifícase o proceso para solicitar as declaracións de árbores senlleiras para o "axilizar" e nesa liña modifícase o xeito de traballo do comité consultivo sobre esta cuestións. Dentro das modificacións elimínase a protección automática daqueles exemplares e conxuntos para os que se solicitou a declaración, unha protección que agora deberá decidir a Dirección Xeral de Protección da Natureza.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza

Claves

Conceptos