O CCG dixitalizará documentación de Filgueira Valverde

Está prevista a dixitalización de máis de vinte mil documentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Documentación do Estatuto preservada por Castelao

Documentación do Estatuto preservada por Castelao

O Consello da Cultura Galega asinou esta mañá en Pontevedra un convenio coa Fundación Filgueira Valverde para dixitalizar documentación do intelectual pontevedrés. Máis de cincocentas carpetas con cartas que repousan no Museo de Pontevedra, intercambiadas con figuras como Castelao, Otero Pedrayo ou Vicente Risco, ata un total de vinte mil documentos. O acordo de colaboración permitirá dispoñibilizar moitos destes fondos para a súa consulta pública e en liña. Filgueira Valverde foi o segundo Presidente do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Vicente Risco, Castelao, Museo de Pontevedra...