A ONU recibe un informe sobre a discriminación lingüística no Estado

A Mesa fai parte da delegación que presentou o texto esta mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Revisión Periódica Universal das Naciósn Unidas sobre o informe de dereitos humanos do Estado español, que se celebrou esta mañá en Xenebra, incluíu un texto sobre a discriminación lingüística. A Mesa pola Normalización facía parte da delegación da ELEN (Rede Europea para a Igualdade das Linguas) que presentou unha análise na que se recollen casos de discriminación polo emprego de linguas diferentes do Español. Na sesión, representates do Reino Unido, Serra Leoa e Macedonia revisan o informe sobre a situación dos Dereitos Humanos no Estado.

Segundo informa a Mesa, o informe recolle "retrasos en operacións por solicitar a autorización en lingua galega, denegacións de bolsas predoutorais por presentar o título universitario en galego ou ameazas en oposicións por utilizar o noso idioma". Asimesmo, tamén se sinalan "retrocesos a respecto da oficilidade do galego" como o decreto que regula o emprego da nosa lingua no ensino.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ONU, Igualdade, Reino Unido, Lingua galega...

Claves

Entidades