Emilio rúa presenta o seu Destino Sur en Compostela

O Salón Teatro acolle esta noite o recital

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Emilio rúa presenta o seu Destino Sur en Compostela

Acompañado de Carlos Blanco como mestre de ceremonias, o cantautor Emilio Rúa achégase esta noite a Compostela para presentar o seu último traballo. Destino Sur, autoeditado logo dunha exitosa campaña de crowdfunding, achega trece novos temas nos que evoca a Nova Canción Galega. Versións de Miña Maruxiña, de Andrés Do Barro, e do María Soliña de Celso Emilio Ferreiro combínanse con Yip Harburg (Nun lugar do arco da vella) e mais o Antonio Vega de A moza de onte. Temas de carácter social e intimista altérnanse nos trece temas do volume. O concerto, que fai parte da xira de presentación do traballo, será ás 21 horas no Salón Teatro.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Rúa, Teatro, Salón Teatro, Carlos Blanco...