Debuxantes galegos súmanse ás homenaxes a Charlie Hebdo

Corenta autores participan nun suplemento dos xornais do Grupo El Progreso publica

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Debuxantes galegos súmanse ás homenaxes a Charlie Hebdo

Os debuxantes galegos non deixan de amosar o seu apoio á revista francesa Charlie Hebdo logo do atentado que a semana pasada acababa cunha ducia dos seus traballadores e autores. Ademais de participar nas concentracións cidadás que se convocaron o pasado domingo en diferentes cidades do país, están a se suceder os debuxos de homenaxe na rede e en diferentes soportes. Así, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración publicou no seu Facebook unha selección das obras dos seus socios con esta temática. Ademais, os xornais Diario de Pontevedra e El Progreso, publican hoxe o especial de oito páxinas Eu son Charlie, no que 40 participan 40 autores galegos e foráneos.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Progreso, Facebook, Diario de Pontevedra, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración...