Chegan novas bandas deseñadas no dixital e do audiovisual

David Braña resulta premiado no Festival de Úbeda e Baeza

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Chegan novas bandas deseñadas no dixital e do audiovisual

Noveno 9 é o título da nova revista dixital que acaban de presentar os alumnos da escola de BD O Garaxe Hermético. O número cero presenta en total 87 páxinas a cargo de nomes como Daniel Corrada, Andrés García, Sara Martínez, Carlos Limeres ou Mara Méndez entre outros. A publicación periódica preséntase sen prezo e chama aos lectores a pagar en liña o que consideren xusto para a ler. En paralelo, o proxecto audiovisual Encallados presentou unha novela gráfica. Realizada por Marcos Vigo, o volume en branco e negro distribúese nun pack canda ao DVD do filme unha camiseta. Pola súa banda, o guionista David Braña, afincado en Vigo, viu a súa obra Mercury levar os premios a mellor Premios de Mellor Cómic Europeo 2013 e Mellor Guionista Europeo 2013, ademais do de Mejor Debuxante Europeo 2013 para Abel Cicero. Os premios outorgáronse por votación popular en Internet.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Braña, Vigo, Cómic, DVD...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares