Reactualizando o Santo Grial. Entre o mito e a realidade é o tÃtulo do ciclo de conferencias que se desenvolven en Lugo a partir do vindeiro dÃa 13. O programa, coordinado pola Provincia Franciscana de Santiago da Orde de Frailes Menores-Franciscanos abordará a presenza do mito do Grial en Galicia, e inclúe tamén unha xornada de traballo de campo entográfico no Cebreiro para coñecer a pegada popular desta lenda. Entre outros especialistas, interveñen nesta actividades Antonio Reigosa, o filólogo Santiago Gutiérrez, os antropólogos XaquÃn RodrÃguez Campos e Elena Freire Paz ou o historiador Xurxo Ayán.