A Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos outorgoulle ao profesor e investigador da Facultade de FiloloxÃa e Tradución Jorge Luis Bueno o seu Premio Nacional. O traballo de tradución para o galego do poema inglés medieval Sir Gawain valeulle ao docente da Universidade de Vigo este recoñecemento. Bueno xa obtivera en 2011 con outra versión para a nosa lingua, nesa ocasión do poema Beowulf. Segundo adianta o Diario da Universidade de Vigo, o profesor enfronta agora a tradución dos Contos de Canterbury de Chaucer.