O VII Ciclo Escritoras/es na Universidade analiza as motivacións da escrita

O encontro comezou esta mañá en Vigo e continuará ata o 18 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Co título Por que(n) escribir / Para que(n) escribir, o Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acollía esta mañá a primeira da sesións do VII Ciclo Escritoras/es na Universidade. A analizar as motivacións da escrita poética, María Lado e Olga Novo iniciaron unha serie de debates que continuarán cada xoves ás 12:00 horas. Xosé Neira Vilas e Antón Riveiro Coello falarán de narrativa a vindeira semana e Quico Cadaval e Carlos Callón fecharán o encontro o vindeiro 18 de outubro a debater sobre teatro e ensaio. O Ciclo está coordinado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega co co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito