A discográfica Língua Nativa nace centrada na lusofonía

Debuta cun álbum homónimo dedicado a propostas alternativas do hip hop

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A discográfica Língua Nativa nace centrada na lusofonía

Editar en Galicia traballos de electrónica e de hip hop de toda a lusofonía, a incluír, como non, o noso propio país. Esta é a proposta de Língua Nativa, unha nova discográfica que presentaba esta mesma semana o seu primeiro traballo para descarga. Língua Nativa é tamén o título deste álbum, unha compilación de 17 temas de hip hop aternativo da man de músicos de nacionalidades galega, portuguesa, angolana, chilena e canadiana. O volume está dispoñible para descarga no web do proxecto.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lusofonía

Claves

Conceptos