O proxecto A Letra do Reino rescata a tipografía medieval galega

O tipo de letra que xerou este proxecto está dispoñible para descarga

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Imaxe do desenvolvemento da Letra do Reino. Fonte: Facebook de A Letra do Reino.

Imaxe do desenvolvemento da Letra do Reino. Fonte: Facebook de A Letra do Reino.

Está xa dispoñible na rede para a súa descarga gratuíta A letra do reino 1.0, a tipografía que rescata os tipos de letra medievais galegos. O proxecto A Letra do Reino creou este recurso, utilizable en diferentes soportes informáticos, a partir daquelas fontes que se empregaron en manuscritos, así como en representacións pétreas e pictóricas ao longo de toda a Idade Media no noso país.

O proxecto A letra do reino foi desenvolvido polo estudo de deseño gráfico Distrito Xermar co asesoramento dos investigadores Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel, e recibiu o apoio do Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia da Deputación da Coruña.

A intención desta iniciativa é "contribuír á conservación e posta en valor dun elemento capital da nosa cultura nacional hoxe en grande medida esquecido", así como "contribuír á dignificación e caracterización dunha imaxe de país" e "salientar a importancia e plenitude do reino medieval da Galiza como elemento forxador da nosa identidade colectiva".

Deste xeito, a proposta pon en valor o pasado do país para facer achegas a "unha comunicación gráfica, vangardista e moderna que ten xustamente, na súa historia, e máis concretamente na súa pasada existencia como reino, o cerne da súa vangarda e modernidade".

Que che parece esta nova?
149 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade Media, Miguel García-Fernández, Reino de Galicia, Identidade...