Mudanzas artísticas

As galerías Marisa Marimón e Moret Art inauguran novas sedes

18/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Nova sede de Moret Art

As fotografías de Rocío Verdejo na exposición Las matemáticas de Dios no son exactas inauguran o novo local da galería Marisa Marimón en Ourense. A mostra, que se encadra no Outono Fotográfico, abre a nova sede deste espazo de arte na rúa Benito Vicetto. Tamén a coruñesa Moret Art se traslada este outono. O pintor hiperrealista Miguel Piñeiro abre este novo espazo, na Rúa Uruguay, frente ao Palacio da Ópera. Segundo destaca Nuria Blanco, directora da galería, "chegou o momento de crecer para poder continuar asumindo retos e contribuíndo de xeito activo ao desenvolvemento deste sector".

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Marisa Marimón, Moret Art, Nuria Blanco...