O premio Juana de Vega recoñece o traballo de Emilio Rodríguez Blanco

O seu deseño para unha vivenda unifamiliar en Oroso fíxose co galardón de arquitectura

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Vivenda unifamiliar en Arderís, Oroso.  Emilio Rodríguez Blanco

Vivenda unifamiliar en Arderís, Oroso. Emilio Rodríguez Blanco

O xurado dos premios Juana de Vega de Arquitectura recoñeceu este ano o traballo de Emilio Rodríguez Blanco. Unha vivenda unifamiliar en Arderís, Oroso valeulle a este profesional facerse cos 6.000 do premio. Segundo a acta, o xurado "valora especialmente a calidade lograda nos espazos interiores pola entrada de luz a toda a zona común e aos dormitorios, que resultan moi axeitados para a vida dos seus ocupantes. Tamén quere destacar a boa conxunción entre esta calidade ambiental e o emprego de materiais de baixo custo, cunha certa influencia do movemento brutalista, que produciría resultados algo duros de non ser polo bo deseño arquitectónico do conxunto".

Canda a este traballo, outorgóuselle un accésit de 1.500 euros á vivenda situada na Rúa Rosalía de Castro de Vilagarcía, dos Arquitectos Xosé Luis Recuna e Xosé María Fernández, mentres que a vivenda unifamiliar en Silleda do estudio Tercero Derecha.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Juana de Vega, Arquitectura, Rosalía de Castro, Vilagarcía...

Claves

Conceptos