O traballo que desenvolveu o equipo composto por Eva Almazán, MarÃa Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle para levar ao galego o Ulises de James Joyce, foi recoñecido onte. O Ministerio de Cultura outorgoulle a esta versión o Premio Nacional á Mellor Tradución do ano, dotado con 20.000 euros. O xurado deste galardón recoñeceu que o equipo resolveu "brillantemente o desafÃo e a complexidade que supón a ampla combinación de rexistros, xogos de palabras ou alteracións presentes no orixinal".