A Rede Galega de Quioscos entra en concurso de acreedores

A partir de 2010 comezou a sufrir perdas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Rede Galega de Quioscos fora creada en 1998 e operou con ganancias durante a maior parte do tempo, pero a partir de 2010 comezou a sufrir perdas que se traduciron nunha débeda de 700.000 euros. "A crise económica que afecta ao país, a baixada da demanda da prensa escrita e a redución da marxe noutros produtos provoca perdas do 27 por ciento imposibles de soster", sinala nun comunicado. A Rede Galega de Quioscos colaboraba coa industria cultural galega a través da iniciativa de distribución Lonxa Cultural, xenerando puntos de venda para libros e outros produtos.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves