Nace o Observatorio do Audiovisual de Galicia

Máis de 120 profesionais aderíronse a esta proposta para propor novas políticas no sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Da man dun grupo de profesionais do sector acaba de nacer o Observatorio do Audiovisual de Galicia, un proxecto que se presenta como un foro de debate, con reunións periódicas e organizado en grupos de traballo" co obxectivo de "contribuír a deseñar unha (nova) folla de ruta para o audiovisual". A situación actual do sector, deficiencias nas convocatorias recentes da AGADIC e a necesidade de propor alternativas apúntanse como bases para esta iniciativa, que conseguiu xa o apoio de máis de 120 profesionais deste ámbito.

Entre outras carencias, o texto de presentación do Observatorio apunta a "necesidade de redactar unha nova Lei do Audiovisual de Galicia; emendar a excesivamente restritiva Lei de Subvencións de Galicia" ou "a falta de compromiso e a opacidade da TVG ou a falta de sinerxia co mundo do ensino". O proxecto preséntase ao público o vindeiro 7 de outubro no Centro Galego de Arte Contemporánea no marco do festival Curtocircuíto.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Sistemas de película

Sistemas de película

A situación estrutural e financeira afoga ás empresas do sector audiovisual galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival Curtocircuíto, TVG, Ensino, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...