Hai uns 30 anos que a Asociación Cultural Nós de Moaña comezou a recoller fotografÃas entre a veciñanza da zona, acadando a catalogación de máis de 10.000 imaxes da vila mariñeira dos dous últimos séculos e a súa publicación en varios volumes. Esta reportaxe audiovisual de Pablo Prado pecha o noso ciclo "A lembranza do ollar"
"Hai xente que mira estas fotografÃas con bágoas non ollos, pois non sabÃa que existÃan esas imaxes dos seus avós ou bisavós", comenta Manuel Anxo Méndez, un dos directivos da Asociación Cultural Nós de Moaña, impulsora do proxecto Moaña. Historia fotográfica.
“Sinto moita alegrÃa ao pensar que os meus antepasados reviven de algún xeito neste proxecto” asà fala Pepita Abal Soaje, mestra xubilada desta vila pontevedresa e unha das colaboradoras con Moaña. Historia fotográfica.
As veciñas e veciños da vila ceden as súas fotografÃas desinteresadamente para que sexan dixitalizadas e documentadas antes de seren devolvidas. Outras imaxes son recuperadas empregando internet para contactar con coleccionistas fotográficos que podan ter imaxes de Moaña. Pero Moaña. Historia fotográfica, tamén conta co aporte de varias institucións como o Arquivo Pacheco de Vigo ou o CGAI, que cederon imaxes dos seus propios arquivos para que poidamos desfrutar dos traballos realizados en Moaña por profesionais como Pacheco, Gil, Llanos, Kasado...
A parte das temáticas comúns en todos os tomos editados polo de agora (paisaxe, traballo, xentes, retrato...) o cuarto tomo atenderá dúas novas temáticas como serán o entroido e as diversas manifestacións que se desenvolveron nesta vila mariñeira.
“É unha maneira de recuperar o patrimonio e a memoria histórica en todos os sentidos” comenta Manuel sobre este traballo. Amósase contento pola boa acollida que están a ter todos os libros publicados dentro deste proxecto e do motivadas que se amosaron e se amosan as xentes de Moaña para colaborar na salvagarda, catalogación, difusión e posta en valor do seu patrimonio visual.