Quiosco: Revista de Estudos Miñoranos

Edítase o número 12/13

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Quiosco: Revista de Estudos Miñoranos

O Instituto de Estudos Miñoranos presentou o número 12/13 da revista oficial desta dinámica entidade do sur de Galicia. Entre os contidos figuran varios artigos de investigación e reflexión sobre a zona do Valmiñor. Entre outros, atópanse textos sobre a serra do Galiñeiro no Antropoceno, o sistema tradicional de aproveitamento de ponis atlánticos salvaxes nos montes da Gobra, as escenas de caza nos petróglifos galegos e portugueses ou a conservación da rede de muíños no curso do río Vilaza, a cargo de autores como Xurxo Pérez, Laura Lagos, Rosa Mouriño ou Xosé Lois Vilar.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Lois Vilar, Instituto de Estudos Miñoranos, Muíños

Claves

Protagonistas
Lugares