A mancomunidade de montes de Santa Cristina, en Baiona, abordou hai uns anos a rehabilitación do conxunto de petróglifos do Outeiro dos Lameiros, situados nos seus terreos. Se no seu dÃa xa falamos desta novidosa iniciativa, hoxe aproveitamos o exemplo para amosar o complexo proceso que cómpre desenvolver para amosar en todo o seu esplendor estes antigos gravados. Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos, explÃcanos da un dos pasos desta recuperación e lembra a polémica sobre o pintado dos petróglifos.
“O espazo de Outeiro dos Lameiros, concentra case medio cento de pedras con gravados, desde os que teñen máis de 4.000 anos ata algúns feitos con afeccionados nos anos 90”, explica Xosé Lois Vilar, responsable da área de director da sección de ArqueoloxÃa e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos. Para a alén dos gravados, o espazo conta cunha grande riqueza toponÃmica, a presenza de cabalos salvaxes e ten tamén a súa historia, xa que nos tempos da República instalouse nesta área unha granxa experimental autárquica da man de dous irmáns. Foi no ano 84 que membros do Instituto de Estudos Miñoranos localizaron este medio cento de superficies “no que hoxe é un dos mellores depósitos de arte rupestre do paÃs”, lembra Vilar. Desde aquela, e grazas ao compromiso da mancomunidade de montes, estas obras están hoxe musealizadas, sinalizadas e restauradas. Os traballos de recuperación que amosamos, máis a sinalización e acondicionamento da área para visitas supuxeron un investimento de 144.000 euros nos que se xuntaron recursos autonómicos, europeos e da propia comunidade.
O pintado
Un dos pasos deste proceso que pode semellar máis polémico é o pintado dos gravados. Malia a que os responsables da acción de restauración contaban con licenza de Patrimonio para facer este proceso con materiais que non danan en absoluto a superficie. No entanto, desde o Instituto de Estudos Miñoranos, Xosé Lois Vilar defende a necesidade de permitir o pintado puntual dalgunhas superficies deste tipo, sempre com materias orgánicas e non agresivas, para facilitar a súa observación. “Con respecto ao pintado dos petroglifos a Lei de Patrimonio impide calquera actuación fÃsica para os mesmos. Se tes licencia para traballar con eles pode facelo, sempre cunha pintura non agresiva, nós empregamos pós de talco disoltos en auga. O que non se pode é que calquera visitante risque nos sucos cunha pedra, unha tella ou unha póla Os mellores petróglifos do paÃs foron agredidos”, explica Vilar. ”Por outra banda, tamén acontece que os visitantes van ver un petroglifo cunha foto estupenda que aproveita as condicións óptimas da luz, e logo cando chegan alà non ven nada. Entón a nosa proposta para actuar sobre os petróglifos de SabarÃs era que nos desen permiso para pintar cun pigmento natural e reversible catro ou cinco. Tiñamos apoios de profesores de restauración, e isto é algo que se fai nos paÃses nórdicos, pero agora hai unha encomenda do ICRROM (International Center for Study of Preservation and Restauration of Cultural Property ), un organismo para conservación da arte rupestre onde recomendan non pintalos para non danar as superficies nin falsear a historia”, lembra este historiados. “Nós pensamos que desde o momento en que un espazo coma este se musealiza, deberÃa contemplarse o pintado para facilitar a suá visibilidade, canda a todas as demais iniciativas de documentación, sinalización ou restauración”, conclúe.
Últimos traballos
A iniciativa de recuperación continuou neste mes de novembro cun novo mapeado da zona. “A Universidade de Vigo fixo un escaneado en 3D que fixo unha reprodución tanto dos debuxos coma da pedra. Este proceso abre moitas posibilidades para a arqueoloxÃa e amosa o que hai. Co proceso que fixeramos nós estás facendo continuas interpretacións cando pintas, cando o pasas sobre o plástico e de novo cando retocas iso no computador”, lembra Vilar. E é que semella que, malia á boa sinalización e recuperación do conxunto, sempre se pode facer algunha cousa a maiores para mellorar a musealización.