As linguas do Estado a debate nos XVI Encontros de Normalización

Celebraranse en Compostela o 24 e o 25 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os XVI Encontros de Normalización Lingüística analizarán este ano a realidade plurilingüística de España. “Unha vez que saímos do marco galego, tentamos dar unha visión de conxunto diferente, e dar un panorama xeral comparando a evolución e sociolingüística das diferentes linguas de España, pero tamén da política das institucións españolas” explica Henrique Monteagudo, coordinador destes encontros, que se desenvolverán entre o 24 e o 25 de setembro. A inscrición, libre e gratuíta, pódese facer a través da páxina web do CCG. Relatores como Miquel Pradill e Patxi Batzarrika, Francisco Caamaño ou Iago Martínez falarán sobre linguas e Estado.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Caamaño, Henrique Monteagudo, Normalización Lingüística, Consello da Cultura Galega...