Marful despedirase por tempo indefinido despois do verán

O grupo actúa este venres día 4 no Encontro de Artesanía de Agolada

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Fotografía do grupo para o seu último disco

Fotografía do grupo para o seu último disco

Un parón "indefinido". Así anunciaba Ugia Pedreira, a cantante de Marful, a pausa que toma este grupo logo dunha década a explorar novos vieiros para a música de raíz. A pausa por "motivos persoais", comezará logo da xira deste verán e deixa en suspenso o proxecto do novo diso da formación. Deste xeito, o grupo apunta que os concertos destes meses serán "moi especiais". A vindeira cita para o seguidores do conxunto é o vindeiro venres 4 de xullo no III Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebra en Agolada. A xira rematará o vindeiro 8 de outubro nas festas do San Froilán en Lugo. Ugia Pedreira tamén se retirará asimesmo doutros proxectos musicais, segundo asegurou nunha entrevista a La Voz de Galicia.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marful, Ugia Pedreira, Vieiros, La Voz de Galicia...

Claves

Protagonistas
Lugares