Abre o concurso para dotar de contidos o Museo das Peregrinacións

O Ministerio de Cultura 1.488.000 euros no proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Dous anos despois da súa apertura, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na compostelá Praza das Praterías, dá un novo paso para se dotar de contidos. O Ministerio de Cultura anunciaba o pasado venres a apertura do concurso para a museografía do centro. Cun orzamento de 1.488.000 euros, o proxecto incluirá sinaléctica e mobiliario para o salón de actos e mais a tenda libraría, ademais dos contidos da exposición permamente, que terá como eixes a peregrinación xacobea e como fenómeno universal, o Camiño de Santiago, a cidade de Compostela e o propio museo. A previsión do ministerio é que o centro poida abris cos novos contidos para o último trimestre de 2015.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo das Peregrinacións, Ministerio de Cultura, Camiño de Santiago, Santiago de Compostela