Xigantes e cabezudos protagonizan Bonecos do Atlántico

A primeira edición deste festival celébrase en Ourense entre o 24 e o 28 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Xigantes e cabezudos protagonizan Bonecos do Atlántico

A Cidade das Burgas celebra entre os vindeiros 24 e 28 de xuño a primeira edición de Bonecos do Atlántico. O festival de "títeres, xigantes e cabezudos" nace coa intención de reivindicar "un dos máis relevantes complexos folclóricos e culturais no mundo, estendidos polos cinco continentes forman parte da memoria histórica e cultural nas festas e romarías". En total serán once compañías de títeres, entre elas Mercromina, Fantoches Baj ou Trécola de Galicia ou os portugueses Fio d´azeite, Teatro & Bonecos ou Filandorra. A estas súmanse xigantes e cabezudos chegados de dez localidades galegas e portuguesas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, Ourense, Memoria Histórica, Teatro...