Unha charla concerto recupera a compositora Eugenia Osterberger

Rosario Martínez e Beatriz López-Suevo presentan os seus traballos de investigación esta figura

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Unha charla concerto recupera a compositora Eugenia Osterberger

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle esta tarde a partir das sete a charla concerto Eugenia Osterberger. Unha compositora galega na Belle Époque. A iniciativa, desenvolvida da man da Consellaría de Cultura, pretende reivindicar o traballo desta música e artista do século XIX. O programa inclúe os relatorios Achegamento á biografía de Eugenia Osterberger de Rosario Martínez e A obra de Mme. Saunier e a súa contribución á creación musical galega, no que Beatriz López-Suevos analizará a relevancia da súa produción musical no contexto da época. Como final, López-Suevos, ao piano e a soprano Susana de Lorenzo interpretarán varias pezas desta compositora.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Suevos, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)