As cantigas tradicionais galegas son, en palabras de Anxo Lourenzo, secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, “un tesouro musical, pero tamén lingüÃstico, polos innumerables exemplos de galego de calidade que conteñen”. E este enfoque histórico e lingüÃstico é o que teñen as conferencias “A música na memoria” que se desenvolverán na sede do Conservatorio Profesional de Música de Santiago nas vindeiras semanas. Son tres cita a cargo de profesionais de gran relevancia no estudo da tradición musical de Galicia: Dorothé Schubart, Javier Jurado e Miguel López Fariña que falarán de cantigas, música de banda e a vida musical de Santiago a finais de século. Un enfoque musical para dar conta da situación do idioma nese contexto.
Programa
O primeiro ciclo de conferencias están compostos por tres citas.
Aula aberta con Dorothé Schubart. A música galega de Nadal
Profesora Dna. Dorothé Schubart
Xoves 15 de decembro ás 18:00 horas na Biblioteca
A musicóloga e compositora suÃza, que será a encargada de abrir o ciclo, o próximo 15 de decembro, cun relatorio sobre a música galega de Nadal, pasou en Galicia dez anos rescatando cantigas por numerosos concellos. O resultado deste amplo e frutÃfero traballo foi o Cancioneiro Popular Galego, que posúe un gran valor para o idioma, xa que inclúe a transcrición lingüÃstica das cantigas, realizada por Antón Santamarina.
A investigación e edición de partituras de Arquivos de Banda
Profesor D. Javier Jurado
Luns 19 de decembro ás 18:00 horas na Biblioteca
Javier Jurado explicará os procesos de investigación, edición e publicación de partituras históricas. Este profesor do Conservatorio Profesional de Música de Vigo colaborou na elaboración de materiais didácticos e no desenvolvemento dos currÃculos oficiais en Galicia. Ademais, leva a cabo varios proxectos de investigación, catalogación e publicación da obra do Mestre Vide e de Bernardo del RÃo.
A vida musical en Santiago a finais do século XIX
Profesor D. Miguel A. López Fariña
Luns 13 de febreiro ás 18:00 horas na Biblioteca
O último relatorio tratará sobre a vida musical en Santiago a finais do século XIX, que impartirá Miguel López Fariña. Este profesor de historia da música no conservatorio de Santiago foi cofundador do grupo MartÃn Codax e conta con diversas publicacións relacionadas coa pedagoxÃa musical, asà como de ámbito cientÃfico.