Xistra de Coruxo amplía fronteiras con A Charurga

O novo disco da banda adapta temas foráneos aos ritmos galegos

"Mitade charanga, mitade murga" é como definen Xistra de Coruxo o seu último álbum. A Charurga presenta dezaseis temas nos que estes músicos queren revivir "aquel proceso galeguizador que os nosos antecesores fixeron con todo tipo de melodías, incluídas as de procedencia non galega, e que agora forman parte do arquivo da Asociación Gaiteiros dá Xistra". Ghotas, pasodobres, polcas ou rumbas conviven con muiñeiras, marchas procesionais, cantos de caberna e mesmo un samba. Segundo explica na presentación do traballo "son melodías e ritmos popularizados por cuartetos, murgas, charangas e mesmo por aquelas incipientes orquestras da primeira metade do século XX que neste proxecto aparecen unificadas, reharmonizadas e reinterpretadas dun xeito libre".

O álbum, editado pola Asociación Gaiteiros da Xistra, foi gravado en Blanca Records e está distribuído por Inquedanzas Sonoras.