Sons Galiza cumpre quince anos mentres Xistra de Coruxo publica o seu terceiro disco

Quince anos, varios discos

9/12/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
"Océana. A música do fin do mundo" é a escolma de música galega en catro CDs coa que o selo discográfico Sons Galiza celebra os seus quince anos de existencia. Corenta e oito cancións de grupos que pasaron ao longo deste tempo pola casa, que se suman a dous novos discos que recollen o traballo do grupo gañador e dos finalistas do último certame Sonsfolk. Tamén ten novo disco o grupo folk Xistra de Coruxo, que lanza "Tres nun" coa compañía Zouma Records. Este disco inclúe varios temas gravados o vivo no concerto que banda deu en Matamá para celebrar tamén o seu décimo quinto aniversario.

Máis información en Galicia Hoxe; no suplemento “Vigo por los 4 costados” de Faro de Vigo(en PDF); no web de Sons Galiza e no web de Xistra do Coruxo

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Folk, CDs, Galicia Hoxe...

Claves

Conceptos
Lugares