Antón Pulido amosa os seus traballos máis recentes en Lugo

A Deputación Provincial acolle a mostra Obras últimas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Antón Pulido amosa os seus traballos máis recentes en Lugo

Ata o vindeiro 28 de xuño o sala de exposicións do Pazo San Marcos de Lugo acolle Antón Pulido: Obras últimas. A exposición recolle os máis recentes traballos deste pintor ourensán, máis de dúas ducias de cadros que amosan a súa evolución creativa dos últimos anos. Segundo recolle o texto de presentación da mostra, "a pintura última do artista acadou unha capacidade de síntese que non é máis que a referencia elíptica de todo o que admirou e pintou, desposuída xa das formas recoñecibles: son sinxelamente historias de cor azorradas da imaxe efémera que cultivara en Barcelona, nos anos 70, rexurdidas como presenzas dunha polifonía leve, tratada como kermesse, un modelo de representar a vida e a arte, conciliando o equilibrio entre a natureza e o home, vertebrando os seus estados de ánimo nas atmosferas festivas e non festivas".

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Deputación Provincial, Natureza, Exposicións...