O museo na casa (e II)

A emigración e a imaxe de Galicia para o exterior, protagonistas desta segunda etnrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Foto de Daniel Martí. Os adeuses

Foto de Daniel Martí. Os adeuses

Tres exposicións completan a primeira vaga -de seis- que o CCG publicou no Google Cultural Institute para promover e facer visible a historia e a cultura galega a nivel internacional. Desta volta, as mostras Valentín Paz Andrade, Os Adeuses e O Sorriso de Daniel.

Valentín Paz Andrade

Valentín Paz Andrade. Unha antena galega no Brasil foi unha exposición producida para o público brasileiro onde se explican as relacións entre o homenaxeado polas Letras Galegas 2013 e a cultura, a sociedade e a economía brasileira.

Os adeuses

Impactante exposición fotográfica retrospectiva do traballo do fotógrafo Daniel Martí, que recolle varias décadas de partida dos emigrantes desde o porto da Coruña cara os destinos americanos. Fotografías, escenas e persoas que quedaron marcados para sempre na nosa imaxinación colectiva.

O Sorriso de Daniel

Esta exposición foi construída para ilustrar sobre a realidade galega actual e a nosa cultura a públicos de diferentes territorios. Notas sobre a cultura, a economía, a historia, a sociedade ofrecen unha ampla visión sobre a Galicia contemporánea aos foráneos.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O museo na casa (I)

O museo na casa (I)

O CCG comeza a dispoñibilizar as súas exposicións no Google Cultural Institute

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valentín Paz Andrade, Exposicións, Google, Economía...