
Nós mesmos.
A exposición Nós mesmos detÃñase no fenómeno do asociacionismo galego na emigración, sobre todo americana. As sociedades de emigrantes foron as principais institucións de apoio e vertebración dos milleiros de galegos que tiveron que marchar á procura de novas oportunidades. A exposición vaise detendo na conformación, estrutura, traxectoria e simboloxÃa destas entidades que os galegos foron constituÃndo, de acordo a pequenas e grandes identidades.
Luces de Alén Mar
A exposición Luces de Alén Mar detense, precisamente, na obra benéfica, cultural e educativa -sobre todo esta última- que os emigrantes galegos, agrupados en confrarÃas, ou os magnates da emigración, a través da filantropÃa, realizaron en Galicia. Sobre todo escolas, estendidas por todo o paÃs, para que os nenos puideran ser formados de acordo coas últimas tendencias do ensino, da hixiene e da alimentación (a principios do século XX).
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo Cultural en Galicia (1961-1975)
Ao asociacionismo cultural que agromou en Galicia no tardofranquismo debémoslle, en certo xeito, moito do que foi a cultura galega nas primeiras décadas da democracia. Esta exposición percorre as vicisitudes e estratexias das principais asociacións culturais galegas dos últimos tempos da ditadura franquista.