O Consello da Cultura Galega acolle nas tardes de hoxe e de mañá as xornadas A danza a debate. Na primeira sesión, centrada na tradición, Javier Feijóo Chisco, da E-Trad de Vigo, abordará nun relatorio a situación do noso baile patrimonial. A necesidade de achegarse ás novas xeracións e o emprego cada vez máis lúdico destas danzas albÃscanse como cuestións fundamentais.
Desde a súa longa experiencia desde a asociación O Fiadeiro, como gaiteiro e como profesor da E-Trad, Javier Feijoo Chisco é un dos nomes fundamentais da recuperación de música e baile tradicional do paÃs. Agora, no marco das xornadas A danza a debate, fai un repaso da situación das nosas danzas populares, un ámbito que, recoñece, non está garantida a súa boa saúde. "Nos anos noventa houbo un pico de participación en grupos e asociacións, e desde aquela deuse un descenso", explica este investigador. No entanto, isto non implica necesariamente un descenso no número de bailadores e bailadoras, xa que semella, a falta de datos contrastados, que medra o número de persoas que se achegan a estas actividades de xeito informal.
A demografÃa e o baile
A propia evolución social do paÃs, cun peso cada vez maior de poboación concentrada nas cidades explica en certo xeito a tendencia a unha menor participación en grupos e asociacións. Segundo sinala Chisco "Nos anos sesenta e setenta a xente chegaba ás cidades emigrada do rural e implicaba os seus fillos nestas actividades por unha cuestión de sensibilidade persoal. Agora falamos dunha xeración nacida maioritariamente nas cidades que xa non ten esa mesma sensibilidade". Na outra cada da moeda, no propio mundo rural increméntanse as opcións de ocio. "Nas pequenas parroquias hai un anos a única opción que habÃa nos centros culturais era aprender música ou baile tradicional, hoxe afortunadamente para a poboación hai máis actividades, pero iso tamén supón unha competencia". En paralelo, e tamén poida que por influencia da desertización rural e especialmente neste ámbito "o movemento sociocultural está en certa decadencia, moitas asociacións esmorecen".
Das asociacións ás festas
Malia a ese relativo devalo, as asociacións continúan a ser hoxe, ao igual que hai anos, as vÃas fundamentais de transmisión do coñecemento sobre o baile tradicional. "Unha vez que se perdeu a aprendizaxe dentro da familia e dos veciños, é nestes grupos onde aprende a xente, en boa medida co fundamento de subir a un escenario, aÃnda que logo a xente emprega eses coñecementos para se divertir", explica este investigador. AsÃ, unha das revolucións que se dá nos últimos anos neste campo é o enfoque co que as persoas se achegan a aprender os nosos bailes máis antigos. "É esperanzador ver que a xente emprega o baile tradicional do mesmo xeito que se facÃa no pasado, con fins lúdicos. Durante anos a danza estivo máis enfocada a actuar no escenario, pero hoxe quen vai ás asociacións quere sobre todo aprender para bailar nas festas que hai nas fins de semana". Deste xeito, Chisco salienta a importancia de eventos festivos, como os seráns, fiadeiros e foliadas que se multiplican nos últimos anos e nos que as formas tradicionais de danza ocupan un lugar importante. "A xente vai e divÃrtese, e moitos asisten sen participar en grupos e aprenden alà directamente". No entanto, este investigador apunta que a afección polas nosas danzas "segue a ser algo moi minoritario. Hai unha parte moi pequena da poboación que as coñece e as practica, pero estes son entusiastas".
CoreografÃas e traxes
Cos cambios de usos e de lugares mudan tamén en certo xeito os modos nos que se baila. "Hai cen anos nunha aldea facÃase a festa nunha corte con dúas ou tres persoas a tocar e grupos que ao mellor eran dúas parellas para bailar. Daquela primaba o baile como relación entre homes e mulleres e non se facÃan liñas tan longas de bailadores. Hoxe tócase polo xeral con instrumentos como gaita ou clarinete que antes só se podÃan levar ás festas patronais, fanse actuacións en lugares onde pode haber milleiros de persoas, con liñas de ata cincuenta persoas. Estas situacións dificultan tamén empregar toda a coreografÃa tradicional e tende a se simplificar e a adaptala". Fronte a isto, dáse unha certa espectacularización do baile e unha maior variedade de coreografÃas. "O escenario pide espectáculo, e cousas que se facÃan de xeito espontáneo pasan a estar medidas e ensaiadas neste novo contexto. Ademais, o traballo de recuperación que se fixo desde distintas asociacións recuperou moitos movementos e variedades de baile que en épocas anteriores quedaran esquecidas e deuse un certo boom de formas, de cores e de vestimentas. Logo canda a xente que busca reproducir estas formas, tamén hai quen opta por mesturar coreografÃas, vestiarios e música".
A difusión
A influencia dos medios de comunicación neste sentido, con programas de éxito como Alalá ou os concursos de baile no Luar, nos que se podÃa ver xente nova a danzar con roupa de rúa, teñen o seu papel no actual enfoque maioritario con que se baila. "A implicación dos medios é importante. Moita xente que descoñece este mundo entra en contacto con el a través eles, e logo poden achegarse para querer aprender máis". No entanto, advirte da dificultade en grandes urbes para conseguir que este tipo de eventos acaden unha certa presenza pública. "Acontecen tantas cousas que é difÃcil que apareza nos xornais, mesmo aÃnda que haxa unha maior actividade de baile na axenda do que en zonas rurais". E é que, aÃnda que poida semellar paradoxal, as urbes galegas son hoxe en dÃa puntos fortes na conservación e transmisión destas danzas. "É nas cidades onde rexurde moito o baile tradicional", recoñece o profesor da E-Trad.
Publicacións e estudos
Fronte a estes medios, o investigador tÃralle importancia ás publicacións de autoaprendizaxe que nos últimos anos están a se multiplicar no panorama editorial. "poida que non esteamos tan adaptados a estes soportes, pero a verdade é que hoxe estes traballos non cumpre un papel fundamental, aÃnda que cada vez Internet ou Youtube teñen un peso maior. A dÃa de hoxe é difÃcil que alguén aprenda a tocar ou a bailar cun método publicado, aÃnda que si o pode empregar como complemento", asegura. Do mesmo xeito, e a conceder a importancia de que o baile se integre no ensino regrado e se conte cun grado especÃfico que se poida estudar nos conservatorios, "serÃa estupendo, pero asà e todo os conservatorios continúan a ser elitistas e só chegarÃan a unha parte moi pequena da poboación. Penso que é máis interesante traballar a divulgación, chegar á xente e concienciala de que este patrimonio existe e que é algo importante".
O ensino
Asà pois, fronte á formación especializada, como xa teñen apuntado diferentes especialistas, a grande esperanza para a nosa tradición de danza está en conseguir integrar estes pasos no ensino obrigatorio. "Cústanos moito chegar aos nenos, como noutros paÃses que consideramos avanzados, a música propia terÃa que ocupar un lugar importancia no currÃculo desde pequena idade. Para isto serÃa necesario un centro que lles permita aos mestres achegarse a isto, ou cursos especÃficos para os centros. Hoxe un mestre pode optar a cursos de guitarra flamenca pero só esporadicamente a formación en música tradicional". Para el "este é o único xeito de darlle o empurre último para que non se perda, facilitar ao máximo a posibilidade de coñecer o baile desde as idades máis temperás".
Para alén da importancia patrimonial destes saberes, Feijoo apunta o potencial que os mesmos teñen de cara ao futuro. "O pasado ano unha compañÃa baseada na danza tradicional, a de Enrique Peón, acadou o segundo premio no Certame Nacional de Danza cunha coreografÃa que partÃa do tradicional". Do mesmo xeito, outras compañÃas amosan as posibilidades de integrar os movementos da nosa tradición en escenarios con grande éxito.