O Caimán do Río Tea volta cun recompilatorio

Estou na lavadora recolle 14 temas do grupo de Ponteareas

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Caimán do Río Tea volta cun recompilatorio

Catorce hits remasterizados nos estudos de Javier Abreu compoñen Estou na lavadora o disco co que o grupo O Caimán do Río Tea volta para celebrar os vinte anos do seu nacemento. Éxitos como que dá nome ao disco ou Ven a bailar, coñecidos a través do Xabarín Club fan parte deste traballo e recolle temas dos discos que gravaron entre 1995 e 1998. Un concerto-festa en Ponteareas, vila natal do grupo, serviu o pasado día 26 para celebrar o lanzamento.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con O Caimán do río Tea, Ponteareas, Xabarín Club

Claves

Conceptos
Lugares