Un programa en Youtube conmemora os 20 anos do Xabarin Club

Foi realizado de xeito amador por estudantes de Comunicación Audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Dramatizacións, entrevistas e música, coa presenza de Manquiña, Xurxo Souto, Javi Camino ou Sonia Méndez. O colectivo O Porco Bravú, formado por estudantes da Facultade de Comunicación Audiovisual da Coruña presentaba recentemente o programa Porca Miseria. Esta produción en Youtube reivindica o Xabarín Club a conmemorar, o pasado 18 de abril, os 20 anos deste mítico espazo da Televisión de Galicia. Con grandes doses de humor, o proxecto está dirixido por Jorge Boquete e superou xa as 2.000 visitas en Youtube.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comunicación Audiovisual, Jorge Boquete, Xurxo Souto, Javi Camino...