Chega o Revoltallo audiovisual 2014

Proxeccións, un obradoiro e unha mesa redonda fan parte do programa

30/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Coa proxección hoxe dos traballos gañadores da edición 2013 na Biblioteca Ánxel Casal, en Compostela, abre a programación do Revoltallo audiovisual 2014. A iniciativa coordinada polas asociacións Verdegaia, Amarante-Setem e A Xuntanza céntrase como é habitual no cinema de acción social. O programa inclúe tamén unha mesa redonda con Cora Peña, Xosé Bocixa e Illa Bufarda o día 8, un obradoiro para facer curtas de temática social e ambiental entre os días 16 e 18 e a proxección dos traballos gañadores deste 2014, o día 21.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Xosé Bocixa, Ánxel Casal, Asociacións...