O Foro Reimprímete reivindica a viabilidade da industria do libro

Agrupa a vinte organizacións vinculadas ao mundo da edición e impresión

24/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Onte celebrouse en Santiago o Foro Reimprímete, un encontro de vinte asociacións gremiais ao redor dos proceso de creación, edición e distribución de contidos en papel que reivindicou a "viabilidade e actualidade do modelo de negocio" e a súa calidade de "sector estratéxico para Galicia en termos económicos e de convivencia". O acto contou coa lectura dun manifesto de Rosa Aneiros, que pediu un "sistema xusto de retribucións entre quen crea os contidos e os consume" para "garantir a calidade, a pluralidade e permanencia dos produtos culturais". Reimprímete promoverá un "plan de actuación centrado en resaltar o valor do sector ante a Administración e a sociedade en xeral".

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosa Aneiros, Lectura, Asociacións, Manifesto

Claves

Protagonistas