A Fundación Granell inicia un proxecto editorial

Cadernos de achados arrinca coa obra Azares de Granell en zinc e papel

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Azares de Granell en zinc e papel é o primeiro título da colección Cadernos de achados, a proposta editorial que presentaba onte a Fundación Granell. A obra escrita por Lorena Rodríguez Rodríguez, parte dunha mostra celebrada o pasado verán para propor unha ficción con catro personaxes que convidan a se achegar ao mundo de Granell. A colección, coordinada pola directora da Fundación, Natalia Fernández Segarra, pretende contar con diferentes autores que aborden desde perspectivas teóricas a textos de creación. A vindeira entrega será unha publicación sobre as obras inacabadas do pintor, unha tema que xa protagonizou unha exposición no centro o pasado ano.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Eugenio Granell

Claves