Natalia Fernández Segarra, filla do pintor Eugenio Fernández Granell (1912-2001) e ata o de agora directora da fundación que xestiona o legado artístico do seu pai e o museo situado no Pazo de Bendaña na Praza do Toural de Santiago, ven de presentar a súa renuncia ao cargo. Fernández Segarra, que ten oitenta anos, fixo pública esta decisión cunha carta enviada ao xornal El Correo Gallego desde a cidade estadounidense de Washington DC, onde reside habitualmente desde fai anos.
A Fundación Eugenio Granell leva en funcionamento desde 1995, con ela como directora, e tomou como sede Santiago de Compostela por un acordo co Concello da Cidade. Está apoiada en patrocinios de administracións entre as que está, ademais do Concello, o Consorcio da Cidade e a Deputación Provincial da Coruña, así como algúns departamentos da Xunta de Galicia. Os patrocinadores principais están representados nun padroado que é o máximo órgano de goberno da entidade e do que a propia Natalia Fernández forma parte como vocal. O padroado ten como presidente sempre ao alcalde de Santiago. A fundación xestiona o legado pictórico e bibliográfico de Eugenio Granell, unha importante colección de arte surrealista propia con obra de Granell e outros artistas coetáneos, incluíndo a da súa muller Amparo Segarra, así como de arte étnica. Natalia Fernández anuncia que a súa intención de futuro será dedicar o resto da súa vida a preparar a biografía dos seus pais e "a ir publicando e sacando adiante moitos dos escritos do meu pai", apunta na carta. Na mesma misiva envía unha mensaxe de agradecemento a moitos dos seus colaboradores e traballadores da entidade. Agora terá que ser o padroado o que decida como se cubrirá a dirección da entidade.