A Fundación Granell organiza festas privadas nos salóns da exposición

Surrealismo gastronómico

| Santiago. Redacción. | Seccións: Arte
Compartir:
A compostelá Fundación Granell volve estar na polémica: recentemente, a directora do museo, Natalia Fernández, filla do pintor surrealista Eugenio Granell, alugou varias salas destinadas a exposición para a celebración de dous eventos: unha voda e unha cea “de banqueiros”, por un valor de 1.200 euros cada un. A directora xustificou a cesión destes espacios debido “á precaria situación económica” da Fundación e a “necesidade de recadar fondos”. Ademais, a Fundación denunciou a desaparición dun dos cadros do pintor, do que xa advertira a ausencia hai catro anos. A Fundación agardou este tempo para comprobar se o cadro fora cedido ou prestado para algunha exposición.

Máis información en El Correo Gallego ; sobre o roubo en La Voz de Galicia ; Web da Fundación Granell

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Eugenio Fernández Granell, Fundación Eugenio Granell